Benvida
Benvidos á páxina web do XI Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xuño de 2021 na Coruña, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
O Congreso Iberoamericano de Economía do Deporte (CIED) é un encontro anual organizado pola Sociedade Española de Economía do Deporte (SEED), que pretende converterse nunha cita obrigada para académicos e profesionais que traballan no ámbito da xestión e a economía do deporte.
A Coruña asume o legado das dez edicións anteriores co obxecto de dar continuidade a unha iniciativa que pretende configurar ao CIED como unha excelente plataforma de difusión dos avances da investigación en economía e xestión do deporte en España, así como en Portugal e en Iberoamérica.
Nesta liña, tanto o Comité Organizador como o Comité Científico do CIED11 redobran a aposta pola calidade dos traballos e das contribucións presentadas. Por iso convidan a realizar o envío de traballos orixinais sobre calquera temática no ámbito da Economía do Deporte e da Xestión Deportiva antes do 19 de marzo de 2021, seguindo as instrucións recollidas en Envío de comunicacións.
En particular, esta undécima edición do CIED prestará especial atención ás políticas públicas e/ou regulacións que afectan a diversos ámbitos vinculados co mundo do deporte, entendido en sentido amplo.
Este congreso está dirixido a:
Os esperamos del 3 al 5 de junio en A Coruña
¡Descárgala ya!